miércoles, 19 de febrero de 2020

O noso Póster

Acabamos de crear un póster no que poderás entrar directamente ós diferentes recursos que atopamos en relación ó noso tema, O Sistema Solar. Os recursos que puxemos son tres xogos e tres vídeos nos que atoparás moita información sobre os planetas e as súas características, dunha forma sinxela e divertida. Estes recursos xa están explicados de forma máis amplia noutras entradas do blog, as cales podes visitar rapidamente. Ademais, neste póster apreciarás un código QR que te levará directamente ao noso blog. Para poder acceder ó noso póster clique neste link ou na imaxe que aparece abaixo.



Este proxecto poderá ser aplicado nas aulas, xa que é un recurso moi útil e facil de visualizar.
Os nenos e nenas poderán aprender de forma didáctica e non se aburrirán da materia grazas as actividades interactivas que contén.

Desexamos que vos guste.



miércoles, 5 de febrero de 2020

O porqué da nosa páxina web

Para abordar o noso proxecto decidimos facer unha páxina web, na que trataremos temas relacionados co Universo.

Escollimos este medio xa que nos ofrece unha amplia gama de opcións coas que traballar e crear contidos didácticos. Ademais, é moi accesible para todo o público e fácil de usar. A parte de todo isto, contamos coa vantaxe de ter unha integrante do grupo que ten experiencia traballando con estes formatos, o que nos aporta coñecementos para realizar o noso traballo. 

A plataforma que empregaremos será Wix.