jueves, 7 de mayo de 2020

Despedida Cristina

Bueno antes de nada dicir que traballar con Marta e Eva foi unha experiencia moi divertida, traballamos todas moitísimo en cada actividade e tamén aprendimos cousas que non sabíamos que se podíaan facer en en equipo.

En canto a min, esta asignatura superou todas as miñas espectativas, aprendin a utilizar farramentas que todavía non coñecía e que son moi útiles para poder plasmasr os contidos de forma máis creativa. As licencias, aaaaaaaaaiiiiii as licencias, nunca lles prestara atención ata agora e grazas a estes proxectos poiden descubrir a súa importancia á hora de facer as cousas na rede.

Estou moi agradecida as profesoras que os ensinaron e axudaron en todo, e sempre cun soriso!!!!

Bueno ata aquí o blog pola miña parte, as miñas compañeiras tamén fixeron unha despedida, así que de novo moitas grazas e a ver se nos vemos en futuros cursos!!!

Un biquiño e saúde.

Despedida Marta

Ola a todas e todos!!

Esta será a miña última publicación neste blog, xa que forma parte dunha das nosas materias do segundo cuadrimestre (Novas Tecnoloxías) que en breves rematará.

Con esta última entrada gustaríame despedirme desta asignatura e de todas e todos vós. A verdade é que, ao principio do curso, as miñas expectativas sobre as TIC non eran moi boas. Parecíanme un pouco complicadas á hora de empregalas, como se pode ver na miña primeira entrada deste blog.

Con todo, grazas ás actividades que fomos realizando en diferentes formatos e con distintas ferramentas, a miña percepción foi mudando. Agora, aínda que algúns proxectos resultáronnos máis complexos de levar a cabo (principalmente por problemas técnicos), podo dicir que se poden lograr resultados moi bos e con apariencia profesional sen ser unha/un experta/o en tecnoloxía.

Ademais, comprendín a importancia que ten a utilización das TIC no ámbito educativo e descubrín moitas das potencialidades que nos ofrecen estes recursos.

Gustaríame tamén agradecerlle ás miñas compañeiras Cristina e Eva, integrantes do grupo TECMEC, os seus esforzos e o seu traballo ao longo do curso. É moi doado traballar con elas, ao mesmo tempo que entretido. Penso que nos organizamos moi ben e que cada unha de nós aporta algo diferente aos proxectos.

Anímovos a todas e todos a adentrarvos no mundo da tecnoloxía e aproveitalo ao máximo, sempre de forma responsable e tendo en conta os riscos que pode supor.

Ata sempre!! 🚀✨


Despedida Eva

Ola a todos e todas!

Esta é a miña última entrada neste blog, xa que en breves remata o cuatrimestre e con el o curso, o que significa non volver a ter esta asignatura no resto da carreira. Sinceramente, esto dame bastante pena xa que me pareceu moi interesante todo o que aprendemos nela e as actividades que realizamos, sobre todo, nas clases prácticas paréceronme moi entretidas e útiles  para as nosas futuras prácticas docentes.

En canto ó meu grupo de traballo, nas clases prácticas, estou super contenta de telas como compañeiras. Son persoas super traballadoras, con moito entusiasmo por facer as cousas o mellor posible e sempre están dispostas a botar unha man no que falla falta. Sen dúvida, parécenme características moi importantes a destacar en calqueira traballo e canto máis na que estamos a intentar conseguir...

Creo que nos esforzamos moito nas diferentes actividades tanto individualmente como en grupo e soubemos como sacar todo cara diante a pesar dos diferentes contratempos. De seguro porei en práctica todo o aprendido nesta asignatura no futuro.

Esperamos vervos pronto. Unha aperta moi forte.










De seguro utilizarei estes coñecementos no futuro

Proxecto Final

Moi bo día a todos e todas!

Na última sesión de Novas Tecnoloxías pedíronnos crear un proxecto final, incluíndo tódolas actividades creadas ata agora. Consiste nunha web creada con Wix, na que engadimos estes recursos de forma ordenada, guiando a práctica docente que se levaría a cabo do tema do Universo e o Sistema Solar.

Esta orde corresponde cunha introdución do tema, coa axuda dun póster repleto de vídeos explicativos e actividades interactivas; unha WebQuest para que o alumnado mellore as súas capacidades de análise e amplie os seus coñecementos sobre este tema de forma grupal; un libro dixital con actividades feitas por nós co que practicar os contidos dados e repasalos; un audiovisual como proxecto final a realizar polo alumnado co fin de repasar a materia de forma lúdica; e un paper circuit como actividade complementaria, tamén a realizar polo alumnado.

Todas estas actividades podédelas atopar explicadas e enlazadas neste blog, ainda que na web aparecen moito máis ordenadas, estruturadas e cun acceso máis sinxelo.

Esta web está licenciada con creative commons e podedes visitala premendo na seguinte imaxe. Esperamos que vos guste moito e que vos sexa moi útil, un saúdo!