Ola de novo!
Esta semana deseñamos un libro onde integramos 6 actividades interactivas feitas por nós.
Para realizalas, primeiro investigamos un pouco as diferentes ferramentas que existen na Web para crear estas actividades e que as nosas profesoras nos suxeriron. Finalmente, cada integrante do grupo escolleu unha páxina distinta para así ter recursos variados e con distintos formatos.
Entre elas estaban Kahoot!, unha ferramenta online onde se poden crear xogos de aprendizaxe e cuestionarios de preguntas e respostas dunha forma moi sinxela e intuitiva.
Outra páxina online e que empregamos é Educaplay. É moi fácil de empregar e permite crear e encontrar actividades educativas bastante completas e atractivas.
Tamén usamos ferramentas de autor, é dicir, instalables como Ardora e Hot Potatoes. Constructor 2.0, tamén ten páxina Web, vale para elaborar recursos didácticos de forma rápida e eficaz. Ardora permite crear máis de 35 tipos de actividades, así como 10 tipos distintos de páxinas multimedia. E con Hot Potatoes pódense desenrolar ata 5 modelos de actividades (crucigramas, cuestionarios, exercicios de relacionar...) e xuntalas posteriormente.
Ademais, utilizamos instrumentos de linguaxe de programación como Scratch, xa que algunha de nós xa a empregara anteriormente. Serve para crear historias interactivas, xogos e animacións de boa calidade e cunha apariencia profesional.

Outras opcións que tiñamos para escoller son, entre outras, App Inventor coa que se poden crear aplicacións e EdiLIM, mediante a cal formamos un libro interactivo multimedia con todas as nosas actividades.
Podedes acceder ás ferramentas mencionadas facendo clic nelas.