jueves, 7 de mayo de 2020

Despedida Cristina

Bueno antes de nada dicir que traballar con Marta e Eva foi unha experiencia moi divertida, traballamos todas moitísimo en cada actividade e tamén aprendimos cousas que non sabíamos que se podíaan facer en en equipo.

En canto a min, esta asignatura superou todas as miñas espectativas, aprendin a utilizar farramentas que todavía non coñecía e que son moi útiles para poder plasmasr os contidos de forma máis creativa. As licencias, aaaaaaaaaiiiiii as licencias, nunca lles prestara atención ata agora e grazas a estes proxectos poiden descubrir a súa importancia á hora de facer as cousas na rede.

Estou moi agradecida as profesoras que os ensinaron e axudaron en todo, e sempre cun soriso!!!!

Bueno ata aquí o blog pola miña parte, as miñas compañeiras tamén fixeron unha despedida, así que de novo moitas grazas e a ver se nos vemos en futuros cursos!!!

Un biquiño e saúde.

Despedida Marta

Ola a todas e todos!!

Esta será a miña última publicación neste blog, xa que forma parte dunha das nosas materias do segundo cuadrimestre (Novas Tecnoloxías) que en breves rematará.

Con esta última entrada gustaríame despedirme desta asignatura e de todas e todos vós. A verdade é que, ao principio do curso, as miñas expectativas sobre as TIC non eran moi boas. Parecíanme un pouco complicadas á hora de empregalas, como se pode ver na miña primeira entrada deste blog.

Con todo, grazas ás actividades que fomos realizando en diferentes formatos e con distintas ferramentas, a miña percepción foi mudando. Agora, aínda que algúns proxectos resultáronnos máis complexos de levar a cabo (principalmente por problemas técnicos), podo dicir que se poden lograr resultados moi bos e con apariencia profesional sen ser unha/un experta/o en tecnoloxía.

Ademais, comprendín a importancia que ten a utilización das TIC no ámbito educativo e descubrín moitas das potencialidades que nos ofrecen estes recursos.

Gustaríame tamén agradecerlle ás miñas compañeiras Cristina e Eva, integrantes do grupo TECMEC, os seus esforzos e o seu traballo ao longo do curso. É moi doado traballar con elas, ao mesmo tempo que entretido. Penso que nos organizamos moi ben e que cada unha de nós aporta algo diferente aos proxectos.

Anímovos a todas e todos a adentrarvos no mundo da tecnoloxía e aproveitalo ao máximo, sempre de forma responsable e tendo en conta os riscos que pode supor.

Ata sempre!! 🚀✨


Despedida Eva

Ola a todos e todas!

Esta é a miña última entrada neste blog, xa que en breves remata o cuatrimestre e con el o curso, o que significa non volver a ter esta asignatura no resto da carreira. Sinceramente, esto dame bastante pena xa que me pareceu moi interesante todo o que aprendemos nela e as actividades que realizamos, sobre todo, nas clases prácticas paréceronme moi entretidas e útiles  para as nosas futuras prácticas docentes.

En canto ó meu grupo de traballo, nas clases prácticas, estou super contenta de telas como compañeiras. Son persoas super traballadoras, con moito entusiasmo por facer as cousas o mellor posible e sempre están dispostas a botar unha man no que falla falta. Sen dúvida, parécenme características moi importantes a destacar en calqueira traballo e canto máis na que estamos a intentar conseguir...

Creo que nos esforzamos moito nas diferentes actividades tanto individualmente como en grupo e soubemos como sacar todo cara diante a pesar dos diferentes contratempos. De seguro porei en práctica todo o aprendido nesta asignatura no futuro.

Esperamos vervos pronto. Unha aperta moi forte.










De seguro utilizarei estes coñecementos no futuro

Proxecto Final

Moi bo día a todos e todas!

Na última sesión de Novas Tecnoloxías pedíronnos crear un proxecto final, incluíndo tódolas actividades creadas ata agora. Consiste nunha web creada con Wix, na que engadimos estes recursos de forma ordenada, guiando a práctica docente que se levaría a cabo do tema do Universo e o Sistema Solar.

Esta orde corresponde cunha introdución do tema, coa axuda dun póster repleto de vídeos explicativos e actividades interactivas; unha WebQuest para que o alumnado mellore as súas capacidades de análise e amplie os seus coñecementos sobre este tema de forma grupal; un libro dixital con actividades feitas por nós co que practicar os contidos dados e repasalos; un audiovisual como proxecto final a realizar polo alumnado co fin de repasar a materia de forma lúdica; e un paper circuit como actividade complementaria, tamén a realizar polo alumnado.

Todas estas actividades podédelas atopar explicadas e enlazadas neste blog, ainda que na web aparecen moito máis ordenadas, estruturadas e cun acceso máis sinxelo.

Esta web está licenciada con creative commons e podedes visitala premendo na seguinte imaxe. Esperamos que vos guste moito e que vos sexa moi útil, un saúdo!


sábado, 25 de abril de 2020

Webquest

Ola a todos e todas!!!!

Hoxe imos falarvos dunha Webquest que levamos a cabo estes días. Seguramente vos estaredes preguntando que é unha Webquest, pois é unha actividade didáctica que implica a utilización da capacidade de síntese, de ánalise, de comprensión.... e que fomenta, entre outras cousas, a busca de información, a selección de puntos crave e un bo traballo en grupo. Para realizar este recurso empregamos Google Sites.

Escollimos a Unidade Didáctica do Universo e o Sistema Solar da materia de Ciencias Sociais, coa que fixemos unha tarefa na que os nenos e nenas, en grupos de 5 integrantes, terán que buscar información sobre os diferentes planetas e elementos que conforman o Universo, para posteriormente xuntar todos eses datos nun folleto turístico, que deberán crear con Canva.

Esta actividade está creada para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria e se realizará nunhas 7 ou 8 sesións. Nestas sesións cada equipo deberá buscar, seleccionar e sintetizar informarción e crear o folleto, coa supervisión do profesor ou profesora. A modo de conclusión da tarefa, o alumnado exporá de forma oral o seu traballo a toda a clase.

Coa Webquest pretendemos que os nenos/as aprendan a usar as ferramentas TIC no seu proceso de aprendizaxe, que sepan sintetizar e analizar a información, que aprendan a colaborar e a traballar de forma cooperativa, que contrasten a información proporcionada e que fagan conclusións propias do aprendido.

Accede á nosa Webquest para obter máis información clicando na seguinte fotografía. Esperamos que vos sexa de axuda e vos guste moito.

Vémonos pronto.


jueves, 2 de abril de 2020

Análise de Recursos

Na sesión 3 de prácticas de Novas Tecnoloxías escollimos 2 recusos educativos cada integrante do noso grupo, posteriormente procedemos a analizalos. Cabe destacar que estos recursos teñan que ter relación co tema que estamos a tratar que é o Universo. Indagando pola rede encontrei unha actividade e un vídeo dos que procederei a falar.

Primeiro falarei do vídeo, este vídeo de Youtube explica de forma moi visual e sinxela o tema do Sistema Solar para o alumnado de Primaria, pódese observar que hai unha gran cantidade de imaxes e tamén está moi ben animado para que non se faga monótono para o alumnado que o vexa. Cabe destacar de que usa unha linguaxe totalmente adecuada e añade datos extra dos planetas que conforman o Sistema Solar.




O outro recurso que analicei foi un xogo educativo que trata do mesmo tema que o vídeo previamente mencionado. Neste caso o xogo vai de relacionar os nomes dos planetas ao planeta e viceversa. Este xogo o que pretende é que se adquira a habilidade de distinguir os planetas pola súa forma ou cores. Ao finalizar as fases do xogo, este presenta variaas curiosidades sobre os planetas que poden ser moi educativas para os rapaes e rapazas. O modo de xogo é moi intuitivo e fácil e ofrece dunha forma máis divertida e dinámica o aprender sobre o Sistema Solar.



martes, 31 de marzo de 2020

Actividades interactivas

Ola de novo!

Esta semana deseñamos un libro onde integramos 6 actividades interactivas feitas por nós. 
Para realizalas, primeiro investigamos un pouco as diferentes ferramentas que existen na Web para crear estas actividades e que as nosas profesoras nos suxeriron. Finalmente, cada integrante do grupo escolleu unha páxina distinta para así ter recursos variados e con distintos formatos. 

Entre elas estaban Kahoot!, unha ferramenta online onde se poden crear xogos de aprendizaxe e cuestionarios de preguntas e respostas dunha forma moi sinxela e intuitiva.

Outra páxina online e que empregamos é Educaplay. É moi fácil de empregar e permite crear e encontrar actividades educativas bastante completas e atractivas.

Tamén usamos ferramentas de autor, é dicir, instalables como Ardora e Hot PotatoesConstructor 2.0,  tamén ten páxina Web, vale para elaborar recursos didácticos de forma rápida e eficaz. Ardora permite crear máis de 35 tipos de actividades, así como 10 tipos distintos de páxinas multimedia. E con Hot Potatoes pódense desenrolar ata 5 modelos de actividades (crucigramas, cuestionarios, exercicios de relacionar...) e xuntalas posteriormente.

Ademais, utilizamos instrumentos de linguaxe de programación como Scratch, xa que algunha de nós xa a empregara anteriormente. Serve para crear historias interactivas, xogos e animacións de boa calidade e cunha apariencia profesional.

Outras opcións que tiñamos para escoller son, entre outras, App Inventor coa que se poden crear aplicacións e EdiLIM, mediante a cal formamos un libro interactivo multimedia con todas as nosas actividades.

Podedes acceder ás ferramentas mencionadas facendo clic nelas.


lunes, 30 de marzo de 2020

Actividades multimedia

Bos días a todas e todos!
Hoxe ímosvos presentar as nosas actividades multimedia. Estas, consisten nuns xogos didácticos orientados ó repaso e adquisisción de coñecementos, sobre o Universo e o Sistema Solar, para o alumnado de EP. Cada unha de nós fixo dúas actividades que xuntamos nun libro dixital feito con Edilim, ferramenta especializada nisto. Estas actividades fixémolas con algunhas ferramentas que nos suxeriron para levar a cabo este proxecto, e foron estas 5:

- Ardora
- Educaplay
- Constructor 2.0
- Hot potatos
- Scracht

Nestas ferramentas atopamos unha gran variedade de actividades a realizar como:
Dictados, frases para completar, cruzigramas, columnas de conceptos para unir... e nos que podiamos elixir as súas características e funcionamento.
Nos escollimos:

Eva:
Eu escollín como ferramentas Educaplay e Constructor 2.0, ferramentas bastante sinxelas e intuitivas de utilizar, coas que fixen unha sopa de letras e un crucigrama, relacionados co noso tema. Considero que estes xogos chamarán a atención do alumnado, motivandoos e é unha forma lúdica de seguir aprendendo e repasando conceptos. As actividades presentan unha explicación sinxela do seu funcionamento e características, que axudará ó alumnado a realizarlas correctamente.





- Marta:

As ferramentas que eu utilicei son Scratch e Hot Potatoes. Escollín Scratch porque xa traballara con ela outros anos e porque é moi completa e ten moi boa calidade. Ademais, permite compartir os proxectos e inspirarte noutros moitos que xa existen. Por outro lado, Hot Potatoes é unha ferramenta máis sinxela coa que fixen unha actividade de rechear os ocos dunha serie de oracións. Estas actividades serviránlles para repasar os contidos dados na clase e para aprender un pouquiño máis sobre eles á vez que se entreteñen. Ambas constan dunha pequena introdución para guiar ao alumnado no xogo. 




Cristina:

No meu caso escollin Ardora xa que este programa é bastante sinxelo de utilizar e porque os demais programas sen ser os das miñas compañeiras non me funcionaban mi ben. As dúas actividades que fixen foron un ahorcado e un xogo de relacionar planetas con información sobre eles. Escollín este tipo de actividades porque me pareceron máis visuais e máis entretidas. Finalmente añadir que ao ter imaxes poden ser un recurso moi didáctico e favorece a que queden na memoria dos nenos e nenas.





O noso libro de actividades:

Nel poderedes atopar todas estas actividade citadas anteriormente e que esperamos que vos sexan de utilidade e vos gusten. Como xa vos contamos ó inicio da entrada, foi creado con Edilim e conta cunha portada, as actividades e os créditos. Todas as imáxenes empregadas no libro son de dominio público ao igual que os audios, polo que puidemos licenciar o noso libro como creative commons.



miércoles, 18 de marzo de 2020

Paper circuits

Ola a tod@s!

O 26 de febreiro realizamos un proxecto con paper circuits relacionado co tema deste blog. Para quen non o saiba, os paper circuits son circuitos de baixo voltaxe feitos en papel ou cartón, usando cinta de cobre condutora, luces LED e unha fonte de enerxía como unha pila. Trátase dunha actividade sinxela, divertida e educativa para levar a cabo cabo co alumnado, de xeito que estes/as realizan os seus propios recursos educativos integrando a tecnoloxía neles. Así, tamén poden comprobar que a tecnoloxía non só son os medios dixitais (como os móbiles, tabletas, ordenadores...).

Como poderedes ver nas imaxes e no vídeo, nós decidimos facer unha pequena maqueta con dous planetas sobre unha base de cartón. Comezamos colocando os planetas no cartón con dous paus e a continuación debuxamos o percorrido que ía seguir a cinta de cobre e pegámola. Por último, engadimos as luces LED (unha amarela e outra vermella), unha pila e fixemos dous interruptores con clips.

A nosa intención é que o profesorado formule preguntas aos alumnos e alumnas e que estes/as, en pequenos grupos, respondan facendo ilumniar a opción que escolleron. 




lunes, 16 de marzo de 2020

Análise de recursos

Ola, a todas e todos.

Na sesión 3 da nosa clase de Novas Tecnoloxías mandáronnos escoller dous recursos que apoiasen as explicacións sobre o noso tema, O universo e en concreto o Sistema Solar. A función destes recursos é recordar, reforzar e aclarar o explicado anteriormente, dunha forma máis visual, lúdica e sinxela. Estes recursos tiñan que ser un xogo e un video explicativo, e eu elixín estes dous (Poderedes votarlle unha ollada pulsando en "xogo" e en "video" que estan de cor azul) :

-No apartado do xogo, atopei un pasapalabras con conceptos relacionados con elementos e características do Sistema Solar, que se pode adaptar a dificultade dependendo do curso dos alumnos, pero que está feito principalmente para o alumnado de 4º e 5º de primaria, e que poden utilizar de forma individual ou grupal. Pesenta un rosco con todas as letras do abecedario, un recadro no que aparece a descripción do concepto seleccionado para cada letra xunto con otro recadro para escribir a resposta, un reloxo para medir o tempo, un cadro no que se atopa a puntuación obtida polos acertos e unha marcación rápido para saber se se contestou correctamente ou non. Este xogo gustoume moito xa que me pareceu moi divertido para os nenos e nenas e moi util como forma de repaso.




- En canto o video explicativo, elixín un video animado no que se explica, cun vocabulario sinxelo, moitas curiosidades e conceptos clave do Sistema Solar que de seguro axudara ó alumnado a aprender moitísimos datos interesantes relacionados co Sistema Solar dunha forma moi divertida, xa que está feito como se fosen dibuxos animados. Este recurso está máis enfocado ó alumnado de 3º e 4º de primaria e paréceme moi útil e interesante para utilizalo como introducción ou repaso do tema.





miércoles, 11 de marzo de 2020

Audiovisual explicativo 0.2

Hoxe creamos o noso Audiovisual sobre O Sistema Solar, no que explicamos algunhas das características principais dos diferentes compoñentes deste. Trátase dun vídeo explicativo, no que empregamos material feito por nós, como os planetas, o Sol... O audio atópase en castelán e dura 1:44 segundos, pero en total o vídeo dura aproximadamente 2 minutos. Ademais, engadímoslle unha presentación inicial e os créditos finais, nos que se pode ver a técnica que empregamos: a animación.

O audiovisual elaborámolo en horario lectivo cos materiais que trouxemos (un recurso para a grabación do vídeo e do son, os planetas pintados, o Sol...). Primeiro grabamos o audio e a continuación o vídeo. Para isto, Cristina encargouse da grabación e Marta e Eva interactuaron con elementos. 

Para a edición do proxecto axudámonos de clipchampcreateA parte, fixemos unha presentación en canva (se queres acceder a ela fai clic na palabra canva) onde amosamos os contidos que queremos traballar co audiovisual (que), que pretendemos coa súa creación (para que) e a metodoloxía que evidencia o rol do/a docente e do alumnado (como).



viernes, 6 de marzo de 2020

Análise de recursos

Na sesión 3 tivemos que seleccionar dous recursos educativos dixitais (con diferentes lóxicas) para a súa posterior análise. Para isto, busquei en diversas páxinas: tiching, unha rede educativa con milleiros de recursos dende Ed. Infantil ata Bacharelato; JueduLand, unha páxina de xogos educativos de 1º a 6º de Ed. Primaria; nas axencias espaciais da NASA e da ESA; e no INTEF. Nestas webs hai materiais sobre moitas áreas de coñecemento, mais eu busquei aqueles que estivesen relaiconados co tema do noso proxecto, o Universo.
Fun probando disitntos recursos ata seleccionar os máis interesantes e os que máis se adaptaban ao que buscaba.

Finalmente, escollín un xogo de tiching chamado Mirando las estrellas e outro medio da ESA, en concreto a sección dos recursos multimedia da páxina (podedes aceder a eles clicando en "Mirando las estrellas" e "multimedia" ou nas imaxes que aparecen abaixo). O primeiro deles escollino porque é moi completo e penso que é unha alternativa moi interesante para as clases. Consta dunha ampla variedade de actividades para as distintas etapas educativas, así como de explicacións sobre os elementos da astronomía. Os vídeos da Axencia Espacial Europea (ESA) tratan dunha forma clara e sinxela asuntos relacionados co espazo e, ao tratarse de vídeos curtos, pódense aplicar nas aulas para amenizar as clases.


http://es.tiching.com/link/102940

https://www.esa.int/kids/es/Multimedia



miércoles, 4 de marzo de 2020

Audiovisual explicativo

Ola a todos e todas!!

Hoxe, catro de marzo, deseñamos unha proposta didáctica que debe integrar un producto audiovisual.
Realizamos unha explicación en canva, explicando de forma teórica que contidos vai integrar o proxecto, que pretendemos con el e como se vai a levar a cabo.
O audiovisual versará sobre o tema do noso blog, o Universo, en concreto o Sitema Solar.

Para escoller o tipo de audiovisual, fomos vendo exemplos de diferentes técnicas e tipos destes. O que máis nos interesou foi o vídeo explicavo, xa que é o que máis se adapta á nosa proposta. 

Tras indagar un pouco sobre diferentes ferramentas que nos suxeriron as nosas docentes para realizar o audiovisual, optamos por empregar clipchampcreate, posto que é unha ferramenta moi intuitiva que nos permite editar de forma sinxela e engadir imaxes e audio. Esta función permitiunos pór a voz en off, logrando que fora acorde ao tempo do vídeo.

miércoles, 19 de febrero de 2020

O noso Póster

Acabamos de crear un póster no que poderás entrar directamente ós diferentes recursos que atopamos en relación ó noso tema, O Sistema Solar. Os recursos que puxemos son tres xogos e tres vídeos nos que atoparás moita información sobre os planetas e as súas características, dunha forma sinxela e divertida. Estes recursos xa están explicados de forma máis amplia noutras entradas do blog, as cales podes visitar rapidamente. Ademais, neste póster apreciarás un código QR que te levará directamente ao noso blog. Para poder acceder ó noso póster clique neste link ou na imaxe que aparece abaixo.



Este proxecto poderá ser aplicado nas aulas, xa que é un recurso moi útil e facil de visualizar.
Os nenos e nenas poderán aprender de forma didáctica e non se aburrirán da materia grazas as actividades interactivas que contén.

Desexamos que vos guste.



miércoles, 5 de febrero de 2020

O porqué da nosa páxina web

Para abordar o noso proxecto decidimos facer unha páxina web, na que trataremos temas relacionados co Universo.

Escollimos este medio xa que nos ofrece unha amplia gama de opcións coas que traballar e crear contidos didácticos. Ademais, é moi accesible para todo o público e fácil de usar. A parte de todo isto, contamos coa vantaxe de ter unha integrante do grupo que ten experiencia traballando con estes formatos, o que nos aporta coñecementos para realizar o noso traballo. 

A plataforma que empregaremos será Wix.


miércoles, 29 de enero de 2020

Mis pensamientos acerca de esta asignatura.

Hola, yo me llamo Eva y soy alumna de Educación Primaria de la universidad de Vigo en la facultad de Ciencias de la Educación. Vengo de hacer bachillerato de ciencias en Vigo y siempre me ha gustado la idea de ser profesora en un futuro. Pertenezco al primer curso y acabamos de empezar el segundo cuatrimestre.

Este Blog forma parte de una tarea de clase de Novas Tecnoloxías, clase la cual hemos tenido hoy mismo la primera sesión. De esta asignatura, la verdad, tengo muy buena expectativa por que me gustaría aprender a utilizar diferentes herramientas tecnológicas, saber como elaborar diferentes actividades o medios didácticos orientados a la educación, que pueda poner en práctica en el futuro con mis alumnos y alumnas.

Las dificultades que le encuentro a esta materia es que no se utilizar muchas de estas herramientas y el echo de crear nuevos métodos didácticos me parece complicado a la vez que muy interesante y útil. A pesar de esto espero aprender muchas cosas nuevas y poder mejorar en las que ya se.

Con esta asignatura espero...

Hoy, a 29 de enero de 2020, hemos creado un blog.

Es la primera vez que hago algo así y sinceramente pensaba que sería mucho más complejo. Los blogs me parecen una idea genial, ya que abren puertas a la transmisión de información y expresión de sentimientos.

A través de esta materia espero adentrarme un poco más en el mundo tecnológico, tan importante en las últimas décadas. También espero aprender a utilizar las herramientas de las que disponemos en la Universidad y aprovecharlas y exprimirlas al máximo. Mis expectativas no son difíciles de superar, puesto que nunca fui, de forma voluntaria, a una asignatura relacionada con los recursos tecnológicos y su utilización.

Los miedos que me surgen ante la asignatura es no llegar a comprender como utilizar los distintos medios. Esto puede ser debido a la visión que tengo hacia la tecnología en general. Las TIC me parecen algo genial, pero al mismo tiempo tengo la sensación de que son muy complicadas y no me despiertan interés por profundizar más en ellas.

Expectativas de esta asignatura




29 DE ENERO DE 2020
  • Pues por mi parte tengo muchas expectativas en esta materia ya que me gusta mucho la informática y me encantaría aprender más recursos para poder utilizarlos en un futuro como docente.
  • El único miedo que puedo tener de esta materia sería el no poder obtener información nueva, aunque eso lo dudo porque ya desde el primer día ya estoy obteniendo información nueva y utilizando herramientas nuevas como Blogger. Otra dificultad que puedo tener es que aunque me gusta mucho la informática y tenga un conocimiento muy básico, es que si se dan explicaciones nuevas,  que me cueste entenderlas, ya que a mi personalmente me cuesta aprender algo nuevo de tecnología pero con mucha insistencia lo acabo entendiendo y memorizando.