sábado, 25 de abril de 2020

Webquest

Ola a todos e todas!!!!

Hoxe imos falarvos dunha Webquest que levamos a cabo estes días. Seguramente vos estaredes preguntando que é unha Webquest, pois é unha actividade didáctica que implica a utilización da capacidade de síntese, de ánalise, de comprensión.... e que fomenta, entre outras cousas, a busca de información, a selección de puntos crave e un bo traballo en grupo. Para realizar este recurso empregamos Google Sites.

Escollimos a Unidade Didáctica do Universo e o Sistema Solar da materia de Ciencias Sociais, coa que fixemos unha tarefa na que os nenos e nenas, en grupos de 5 integrantes, terán que buscar información sobre os diferentes planetas e elementos que conforman o Universo, para posteriormente xuntar todos eses datos nun folleto turístico, que deberán crear con Canva.

Esta actividade está creada para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria e se realizará nunhas 7 ou 8 sesións. Nestas sesións cada equipo deberá buscar, seleccionar e sintetizar informarción e crear o folleto, coa supervisión do profesor ou profesora. A modo de conclusión da tarefa, o alumnado exporá de forma oral o seu traballo a toda a clase.

Coa Webquest pretendemos que os nenos/as aprendan a usar as ferramentas TIC no seu proceso de aprendizaxe, que sepan sintetizar e analizar a información, que aprendan a colaborar e a traballar de forma cooperativa, que contrasten a información proporcionada e que fagan conclusións propias do aprendido.

Accede á nosa Webquest para obter máis información clicando na seguinte fotografía. Esperamos que vos sexa de axuda e vos guste moito.

Vémonos pronto.


jueves, 2 de abril de 2020

Análise de Recursos

Na sesión 3 de prácticas de Novas Tecnoloxías escollimos 2 recusos educativos cada integrante do noso grupo, posteriormente procedemos a analizalos. Cabe destacar que estos recursos teñan que ter relación co tema que estamos a tratar que é o Universo. Indagando pola rede encontrei unha actividade e un vídeo dos que procederei a falar.

Primeiro falarei do vídeo, este vídeo de Youtube explica de forma moi visual e sinxela o tema do Sistema Solar para o alumnado de Primaria, pódese observar que hai unha gran cantidade de imaxes e tamén está moi ben animado para que non se faga monótono para o alumnado que o vexa. Cabe destacar de que usa unha linguaxe totalmente adecuada e añade datos extra dos planetas que conforman o Sistema Solar.




O outro recurso que analicei foi un xogo educativo que trata do mesmo tema que o vídeo previamente mencionado. Neste caso o xogo vai de relacionar os nomes dos planetas ao planeta e viceversa. Este xogo o que pretende é que se adquira a habilidade de distinguir os planetas pola súa forma ou cores. Ao finalizar as fases do xogo, este presenta variaas curiosidades sobre os planetas que poden ser moi educativas para os rapaes e rapazas. O modo de xogo é moi intuitivo e fácil e ofrece dunha forma máis divertida e dinámica o aprender sobre o Sistema Solar.