Ola a todos e todas!!!!
Hoxe imos falarvos dunha Webquest que levamos a cabo estes días. Seguramente vos estaredes preguntando que é unha Webquest, pois é unha actividade didáctica que implica a utilización da capacidade de síntese, de ánalise, de comprensión.... e que fomenta, entre outras cousas, a busca de información, a selección de puntos crave e un bo traballo en grupo. Para realizar este recurso empregamos Google Sites.
Escollimos a Unidade Didáctica do Universo e o Sistema Solar da materia de Ciencias Sociais, coa que fixemos unha tarefa na que os nenos e nenas, en grupos de 5 integrantes, terán que buscar información sobre os diferentes planetas e elementos que conforman o Universo, para posteriormente xuntar todos eses datos nun folleto turístico, que deberán crear con Canva.
Esta actividade está creada para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria e se realizará nunhas 7 ou 8 sesións. Nestas sesións cada equipo deberá buscar, seleccionar e sintetizar informarción e crear o folleto, coa supervisión do profesor ou profesora. A modo de conclusión da tarefa, o alumnado exporá de forma oral o seu traballo a toda a clase.
Coa Webquest pretendemos que os nenos/as aprendan a usar as ferramentas TIC no seu proceso de aprendizaxe, que sepan sintetizar e analizar a información, que aprendan a colaborar e a traballar de forma cooperativa, que contrasten a información proporcionada e que fagan conclusións propias do aprendido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario