Moi bo día a todos e todas!
Na última sesión de Novas Tecnoloxías pedíronnos crear un proxecto final, incluíndo tódolas actividades creadas ata agora. Consiste nunha web creada con Wix, na que engadimos estes recursos de forma ordenada, guiando a práctica docente que se levaría a cabo do tema do Universo e o Sistema Solar.
Esta orde corresponde cunha introdución do tema, coa axuda dun póster repleto de vídeos explicativos e actividades interactivas; unha WebQuest para que o alumnado mellore as súas capacidades de análise e amplie os seus coñecementos sobre este tema de forma grupal; un libro dixital con actividades feitas por nós co que practicar os contidos dados e repasalos; un audiovisual como proxecto final a realizar polo alumnado co fin de repasar a materia de forma lúdica; e un paper circuit como actividade complementaria, tamén a realizar polo alumnado.
Todas estas actividades podédelas atopar explicadas e enlazadas neste blog, ainda que na web aparecen moito máis ordenadas, estruturadas e cun acceso máis sinxelo.
Esta web está licenciada con creative commons e podedes visitala premendo na seguinte imaxe. Esperamos que vos guste moito e que vos sexa moi útil, un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario