jueves, 7 de mayo de 2020

Despedida Marta

Ola a todas e todos!!

Esta será a miña última publicación neste blog, xa que forma parte dunha das nosas materias do segundo cuadrimestre (Novas Tecnoloxías) que en breves rematará.

Con esta última entrada gustaríame despedirme desta asignatura e de todas e todos vós. A verdade é que, ao principio do curso, as miñas expectativas sobre as TIC non eran moi boas. Parecíanme un pouco complicadas á hora de empregalas, como se pode ver na miña primeira entrada deste blog.

Con todo, grazas ás actividades que fomos realizando en diferentes formatos e con distintas ferramentas, a miña percepción foi mudando. Agora, aínda que algúns proxectos resultáronnos máis complexos de levar a cabo (principalmente por problemas técnicos), podo dicir que se poden lograr resultados moi bos e con apariencia profesional sen ser unha/un experta/o en tecnoloxía.

Ademais, comprendín a importancia que ten a utilización das TIC no ámbito educativo e descubrín moitas das potencialidades que nos ofrecen estes recursos.

Gustaríame tamén agradecerlle ás miñas compañeiras Cristina e Eva, integrantes do grupo TECMEC, os seus esforzos e o seu traballo ao longo do curso. É moi doado traballar con elas, ao mesmo tempo que entretido. Penso que nos organizamos moi ben e que cada unha de nós aporta algo diferente aos proxectos.

Anímovos a todas e todos a adentrarvos no mundo da tecnoloxía e aproveitalo ao máximo, sempre de forma responsable e tendo en conta os riscos que pode supor.

Ata sempre!! 🚀✨


No hay comentarios:

Publicar un comentario