Ola a todos e todas!
Esta é a miña última entrada neste blog, xa que en breves remata o cuatrimestre e con el o curso, o que significa non volver a ter esta asignatura no resto da carreira. Sinceramente, esto dame bastante pena xa que me pareceu moi interesante todo o que aprendemos nela e as actividades que realizamos, sobre todo, nas clases prácticas paréceronme moi entretidas e útiles para as nosas futuras prácticas docentes.
En canto ó meu grupo de traballo, nas clases prácticas, estou super contenta de telas como compañeiras. Son persoas super traballadoras, con moito entusiasmo por facer as cousas o mellor posible e sempre están dispostas a botar unha man no que falla falta. Sen dúvida, parécenme características moi importantes a destacar en calqueira traballo e canto máis na que estamos a intentar conseguir...
Creo que nos esforzamos moito nas diferentes actividades tanto individualmente como en grupo e soubemos como sacar todo cara diante a pesar dos diferentes contratempos. De seguro porei en práctica todo o aprendido nesta asignatura no futuro.
Esperamos vervos pronto. Unha aperta moi forte.
De seguro utilizarei estes coñecementos no futuro
No hay comentarios:
Publicar un comentario