Bos días a todas e todos!
Hoxe ímosvos presentar as nosas actividades multimedia. Estas, consisten nuns xogos didácticos orientados ó repaso e adquisisción de coñecementos, sobre o Universo e o Sistema Solar, para o alumnado de EP. Cada unha de nós fixo dúas actividades que xuntamos nun libro dixital feito con Edilim, ferramenta especializada nisto. Estas actividades fixémolas con algunhas ferramentas que nos suxeriron para levar a cabo este proxecto, e foron estas 5:
- Ardora
- Educaplay
- Constructor 2.0
- Hot potatos
- Scracht
Nestas ferramentas atopamos unha gran variedade de actividades a realizar como:
Dictados, frases para completar, cruzigramas, columnas de conceptos para unir... e nos que podiamos elixir as súas características e funcionamento.
Nos escollimos:
- Eva:
Eu escollín como ferramentas Educaplay e Constructor 2.0, ferramentas bastante sinxelas e intuitivas de utilizar, coas que fixen unha sopa de letras e un crucigrama, relacionados co noso tema. Considero que estes xogos chamarán a atención do alumnado, motivandoos e é unha forma lúdica de seguir aprendendo e repasando conceptos. As actividades presentan unha explicación sinxela do seu funcionamento e características, que axudará ó alumnado a realizarlas correctamente.
- Marta:
As ferramentas que eu utilicei son Scratch e Hot Potatoes. Escollín Scratch porque xa traballara con ela outros anos e porque é moi completa e ten moi boa calidade. Ademais, permite compartir os proxectos e inspirarte noutros moitos que xa existen. Por outro lado, Hot Potatoes é unha ferramenta máis sinxela coa que fixen unha actividade de rechear os ocos dunha serie de oracións. Estas actividades serviránlles para repasar os contidos dados na clase e para aprender un pouquiño máis sobre eles á vez que se entreteñen. Ambas constan dunha pequena introdución para guiar ao alumnado no xogo.
- Cristina:
No meu caso escollin Ardora xa que este programa é bastante sinxelo de utilizar e porque os demais programas sen ser os das miñas compañeiras non me funcionaban mi ben. As dúas actividades que fixen foron un ahorcado e un xogo de relacionar planetas con información sobre eles. Escollín este tipo de actividades porque me pareceron máis visuais e máis entretidas. Finalmente añadir que ao ter imaxes poden ser un recurso moi didáctico e favorece a que queden na memoria dos nenos e nenas.
- O noso libro de actividades:
Nel poderedes atopar todas estas actividade citadas anteriormente e que esperamos que vos sexan de utilidade e vos gusten. Como xa vos contamos ó inicio da entrada, foi creado con Edilim e conta cunha portada, as actividades e os créditos. Todas as imáxenes empregadas no libro son de dominio público ao igual que os audios, polo que puidemos licenciar o noso libro como creative commons.





No hay comentarios:
Publicar un comentario