miércoles, 18 de marzo de 2020

Paper circuits

Ola a tod@s!

O 26 de febreiro realizamos un proxecto con paper circuits relacionado co tema deste blog. Para quen non o saiba, os paper circuits son circuitos de baixo voltaxe feitos en papel ou cartón, usando cinta de cobre condutora, luces LED e unha fonte de enerxía como unha pila. Trátase dunha actividade sinxela, divertida e educativa para levar a cabo cabo co alumnado, de xeito que estes/as realizan os seus propios recursos educativos integrando a tecnoloxía neles. Así, tamén poden comprobar que a tecnoloxía non só son os medios dixitais (como os móbiles, tabletas, ordenadores...).

Como poderedes ver nas imaxes e no vídeo, nós decidimos facer unha pequena maqueta con dous planetas sobre unha base de cartón. Comezamos colocando os planetas no cartón con dous paus e a continuación debuxamos o percorrido que ía seguir a cinta de cobre e pegámola. Por último, engadimos as luces LED (unha amarela e outra vermella), unha pila e fixemos dous interruptores con clips.

A nosa intención é que o profesorado formule preguntas aos alumnos e alumnas e que estes/as, en pequenos grupos, respondan facendo ilumniar a opción que escolleron. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario