martes, 31 de marzo de 2020

Actividades interactivas

Ola de novo!

Esta semana deseñamos un libro onde integramos 6 actividades interactivas feitas por nós. 
Para realizalas, primeiro investigamos un pouco as diferentes ferramentas que existen na Web para crear estas actividades e que as nosas profesoras nos suxeriron. Finalmente, cada integrante do grupo escolleu unha páxina distinta para así ter recursos variados e con distintos formatos. 

Entre elas estaban Kahoot!, unha ferramenta online onde se poden crear xogos de aprendizaxe e cuestionarios de preguntas e respostas dunha forma moi sinxela e intuitiva.

Outra páxina online e que empregamos é Educaplay. É moi fácil de empregar e permite crear e encontrar actividades educativas bastante completas e atractivas.

Tamén usamos ferramentas de autor, é dicir, instalables como Ardora e Hot PotatoesConstructor 2.0,  tamén ten páxina Web, vale para elaborar recursos didácticos de forma rápida e eficaz. Ardora permite crear máis de 35 tipos de actividades, así como 10 tipos distintos de páxinas multimedia. E con Hot Potatoes pódense desenrolar ata 5 modelos de actividades (crucigramas, cuestionarios, exercicios de relacionar...) e xuntalas posteriormente.

Ademais, utilizamos instrumentos de linguaxe de programación como Scratch, xa que algunha de nós xa a empregara anteriormente. Serve para crear historias interactivas, xogos e animacións de boa calidade e cunha apariencia profesional.

Outras opcións que tiñamos para escoller son, entre outras, App Inventor coa que se poden crear aplicacións e EdiLIM, mediante a cal formamos un libro interactivo multimedia con todas as nosas actividades.

Podedes acceder ás ferramentas mencionadas facendo clic nelas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario