Hoxe creamos o noso Audiovisual sobre O Sistema Solar, no que explicamos algunhas das características principais dos diferentes compoñentes deste. Trátase dun vídeo explicativo, no que empregamos material feito por nós, como os planetas, o Sol... O audio atópase en castelán e dura 1:44 segundos, pero en total o vídeo dura aproximadamente 2 minutos. Ademais, engadímoslle unha presentación inicial e os créditos finais, nos que se pode ver a técnica que empregamos: a animación.
O audiovisual elaborámolo en horario lectivo cos materiais que trouxemos (un recurso para a grabación do vídeo e do son, os planetas pintados, o Sol...). Primeiro grabamos o audio e a continuación o vídeo. Para isto, Cristina encargouse da grabación e Marta e Eva interactuaron con elementos.
Para a edición do proxecto axudámonos de clipchampcreate. A parte, fixemos unha presentación en canva (se queres acceder a ela fai clic na palabra canva) onde amosamos os contidos que queremos traballar co audiovisual (que), que pretendemos coa súa creación (para que) e a metodoloxía que evidencia o rol do/a docente e do alumnado (como).
No hay comentarios:
Publicar un comentario