Na sesión 3 da nosa clase de Novas Tecnoloxías mandáronnos escoller dous recursos que apoiasen as explicacións sobre o noso tema, O universo e en concreto o Sistema Solar. A función destes recursos é recordar, reforzar e aclarar o explicado anteriormente, dunha forma máis visual, lúdica e sinxela. Estes recursos tiñan que ser un xogo e un video explicativo, e eu elixín estes dous (Poderedes votarlle unha ollada pulsando en "xogo" e en "video" que estan de cor azul) :
-No apartado do xogo, atopei un pasapalabras con conceptos relacionados con elementos e características do Sistema Solar, que se pode adaptar a dificultade dependendo do curso dos alumnos, pero que está feito principalmente para o alumnado de 4º e 5º de primaria, e que poden utilizar de forma individual ou grupal. Pesenta un rosco con todas as letras do abecedario, un recadro no que aparece a descripción do concepto seleccionado para cada letra xunto con otro recadro para escribir a resposta, un reloxo para medir o tempo, un cadro no que se atopa a puntuación obtida polos acertos e unha marcación rápido para saber se se contestou correctamente ou non. Este xogo gustoume moito xa que me pareceu moi divertido para os nenos e nenas e moi util como forma de repaso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario