Na sesión 3 tivemos que seleccionar dous recursos educativos dixitais (con diferentes lóxicas) para a súa posterior análise. Para isto, busquei en diversas páxinas: tiching, unha rede educativa con milleiros de recursos dende Ed. Infantil ata Bacharelato; JueduLand, unha páxina de xogos educativos de 1º a 6º de Ed. Primaria; nas axencias espaciais da NASA e da ESA; e no INTEF. Nestas webs hai materiais sobre moitas áreas de coñecemento, mais eu busquei aqueles que estivesen relaiconados co tema do noso proxecto, o Universo.
Fun probando disitntos recursos ata seleccionar os máis interesantes e os que máis se adaptaban ao que buscaba.
Finalmente, escollín un xogo de tiching chamado Mirando las estrellas e outro medio da ESA, en concreto a sección dos recursos multimedia da páxina (podedes aceder a eles clicando en "Mirando las estrellas" e "multimedia" ou nas imaxes que aparecen abaixo). O primeiro deles escollino porque é moi completo e penso que é unha alternativa moi interesante para as clases. Consta dunha ampla variedade de actividades para as distintas etapas educativas, así como de explicacións sobre os elementos da astronomía. Os vídeos da Axencia Espacial Europea (ESA) tratan dunha forma clara e sinxela asuntos relacionados co espazo e, ao tratarse de vídeos curtos, pódense aplicar nas aulas para amenizar as clases.

No hay comentarios:
Publicar un comentario